viernes, 24 de julio de 2015

Revisión individual do marco conceptual, por Estela Ruiz.

Recién titulada decidín ampliar os meus coñecementos nun ámbito relacionadi e apostei polo de orientación laboral, matriculandome neste Postgrado. O curso estrutúrase en tres módulos ou marcos: módulo I ou marco conceptual, módulo II ou marco persoal e módulo III ou marco instrumental.

Palabras chave módulo I en  Tagxedo
Nesta entrada do blog faise un pequeno resumo sobre o primeiro deles, o conceptual, que se dividide en 5 temas, combinando a formación teórica cá práctica, a parte de traballar contidos transversais como son as competencias dixitais: uso do twitter (onde chiamos todas as tarefas), creación de nubes de intereses (a través da ferramenta Tagxedo), uso de acortadores de URL, Storify….


Os temas a tratar son o seguintes:

1.- Marco de referencia da orientación laboral.

É un apartado de carácter teórico que nos permite coñecer cal é o punto de partida e cal é o camiño que se vai seguir nos próximos anos en relación as políticas de emprego e mercado laboral.
Permitíunos coñecer os diferentes servizos como son o Servizo Público de Emprego Estatal, coñecido como SEPE, así como o correspondente a nosa comunidade autónoma, o Servizo Público de Emprego de Galicia ou SPEG, afondando nas suas estruturas, competencias, organización e funcións. Tamén fixemos unha breve análise do mercado laboral e do marco actualdas políticas de emprego, tanto en España como en Europa.

Para axudarnos nunha mellor comprensión do tema, contamos co relatorio de Teresa Bernal, xefa do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Traballo e Benestar, donde afondamos máis no coñecemento do SPEG, nas medidas de emprego do  mesmo e unha breve análise sobre o mercado laboral galego. En canto os programos, coñecemos a Estratexia de Garantía Xuvenil e o Programa de medidas para parados de longa duración.

Como conclusión, cabe destacar a importancia de este apartado, apesar do seu gran contido teórico, xa que é a chave do traballo que desenvolve un orientador laboral cada día, traballando sobre estes termos máis que coñecidos e que permiten conseguir o obxectivos que todos buscamos loitar contra o desemprego, o mantemento do emprego así como impulsar o autoemprego.

2.- Mercado laboral.

Este tema comezamolo analizando diferentes aspectos como son o mercado de traballo, onde abordamos os elemenos que o compoñen (oferta e demanda) o seu equilibrio e as causas e efectos do paro.

Outro punto que cabe destacar pola súa importancia para nos é o dos Indicadores do mercado de traballo donde afondamos na definición e taxas da EPA, e dicir, a Encosta de Poboación activa.
Tamén estudamos o desemprego, analizamos o mercado de traballo actual, as ocupacións e as ferramentas e intrumentos para o estudo do mercado.

Para completar nosa formación sobre o tema contamos co relatorio de Fernando Agulló, onde a parte de afondar nestos conceptos, comezamos a ver o tema do emprendemento.

3.- Certificación e formación profesional.

Para a explicación deste apartado participamos en dous relatorios: o de Elena González de la Cámara e Ana Ferreiroa.

No primeiro, o de Elena González, onde afondamos sobre a estrutura, orixe e tipos de FP (formación profesional), os certificados de profesionalidade e sobre diferentes termos moi importantes como o de cualificación e competencia. Tamén nos amosou diferentes ferramentas e institucións moi importantes como: Sistema Nacional de Cualificacións (SNCFP), o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), o Instituto Galego de Cualificacións e o Instituto Nacionaldas Cualifecacións (INCUAL).

No segundo relatorio, o de Ana Ferreiroa, traballamos máis en profundidade os certificados de porfesionalidade (diferencias entre os novos e vellos, niveis, vías de obtención,expedición, etc.), a formación para o emprego, formación modular, teleformación  a acreditación de unidades de competencia. Levamos a cabo un caso práctico onde simulabamos unha situación quenos podería acontecer en calquer momento.

4.- Política social e de emprego na Unión Europea.

Para traballar este tema tan extenso e completo contamos ca participación de Cristina Souto que traballa na área de informacón e xestión de Europe Direct. Coñecemos as diferentes redes de información europea (rede EURES, Solvit, Europe Direct, Team Europe, entre outras), como se financian as accións de emprego, igualdade e inclusión social (Fondo Axuda Europea para os mais necesitados (FEAD), Fondo Social Europeo (FSE)...) e que recursos e ferramentas de mobilidade existen na Unión Europea (EURES, Sepe EURES, mi primer trabajo EURES, Servizo Voluntariado Europeo, ERASMUS Emprendedores, e un amplo etc.).




5.- Iniciativa emprendedora como forma de acceso ó mercado laboral.

E para rematar o módulo de conceptualización, facemolo da man de Fernando Agulló, co que traballamos os aspectos fundamentais na creación dunha empresa: a idea (que se vai facer?), o modelo de negocio ou deseño empresarial (como se vai facer?, a persoa emprendedora (características e os motivos para facelo(quen e por que?)), as consecuencias de emprender e o plan de empresa. Na parte práctica elaboramos por grupos un Plan de Empresa baseado no modelo CANVAS.




Para saber máis consultar....

No hay comentarios:

Publicar un comentario