miércoles, 23 de septiembre de 2015

O meu PLE Milagros García Sánchez


 O meu entorno persoal de aprendizaxe


¿Qué é un PLE? -


Un PLE é un entorno persoal de aprendizaxe, (proven das siglas inglesas Personal Learning Envoiriment), encontramonos ante un concepto que de algunha maneira, conten implícito parte da súa definición: persoal. Hay tantos PLE como persoas apostan por aprender.


Un PLE é unha forma concreta de aprender, onde se aprende, facendo qué, con quen aprendo e cómo me relaciono coas persoas coas que aprendo.

 Nun PLE, eu fixo os meus propios obxetivos como aprendiz, eu escollo os meus mestres, ferramentas e contidos.

Compoñentes do PLE

Recoller e casificar: son aquelas ferramentas que axudan a adquirir coñecementos, como cursos online, arquivos, newsletters, blogs, etc.


Reflexión e dar valor: son aqueles entornos nos que podo transformar a información, como unha comunidade de prácticas, editores de texto e multimedia.

Compartir: son entornos para publicar información e relacionarse con outras persoas, como foros, redes sociais, webs, etc.


Recoller e clasificar, Reflexión e dar valor e Compartir, estos tres elementos están interelacionados entre si.


Este é o meu PLE:



Unha das ferramentas interesantes coas que estou tratando de familiarizarme e que xa comencei a utilizar é Feedly.


Esta ferramenta permíteme almacenar e organizar todalas fontes de información que consulto cada día, e que me permite ver todalas novidades de unha maneira rápida e moi áxil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario